Colaboración con ViveCNP para formar policías na comunicación de malas noticias

Mª Carmen González Hermo, membro da Comisión Coordinadora, do grupo de intervención GI-112 e do grupo de formación do GIPCE; participou o pasado 18 de xuño nunha teleformación organizada por ViveCNP a través da plataforma da AGASP sobre a comunicación de malas noticias. Con esta actividade, na que tamén participaron outros dous ponentes de ViveCNP e SUP, formouse a 80 policías nunha das labores máis complicadas nas emerxencias como é a transmisión dunha mala noticia á familia das vítimas dunha situación crítica ou emerxencia.