Coloquio do GIPCE no Máster Universitario de Psicoloxía da USC

O pasado 23 de decembro, o Grupo de Intervención Psicolóxica de Catástrofes e Emerxencias (GIPCE)  do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia impartiu unha sesión formativa sobre o traballo que se realiza nas emerxencias para os alumnos e alumnas do Máster Universitario de Psicoloxía, especialidade Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, invitados pola profesora do Máster, Concepción Fernández Fernández, o coloquio foi impartido por Concepción López Martín, membro da Comisión Coordinadora do GIPCE na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.