O 24 de setembro realizouse unha formación sobre conduta suicida en curso coa experta en Psicoloxía de emerxencias Teresa Pacheco Tabuenca. Durante este curso poidemos coñecer as últimas estadísticas sobre o suicidio, os factores de risco, as características da conduta suicida, os factores protectores e, por suposto, as pautas de actuación ante estas situacións de emerxencia.