O 23 e 24 de maio o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG organizou o curso “Intervención con intervenientes” na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixido a todos os colexiados e colexiadas do COPG, este curso tivo como finalidade dar a coñecer, tanto os riscos de intervención en emerxencias como os recursos de afrontamento cos que conta cada persoa e o equipo no seu conxunto, minimizar o impacto dos riscos psicosociais e favorecer a activación dos recurso propios, así como a adquisición de novas habilidades. Foi impartido por Inmaculada Albi Gascó, Psiquiatra da Consellería de Sanidade de Valencia.