Participación nas IV Xornadas de Actualización en Saúde Mental en Emerxencia e Desastres de Chile

O pasado 28 de xuño a coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez, participou co relatorio "Accións preventivas para o coidado da saúde mental da sociedade civil no contexto de emerxencias e desastres" nas IV Xornadas de actualización en saúde mental en emerxencia e desastres organizadas pola Secretaría Regional Ministerial de Salud de Chile, Universidad Arturo Prat del Estado de Chile, Universidad Santo Tomás, Red Iberoamericana de Psicología de Emergencias (RIPE), Consejo General de la Psicología de España e Psicofundación.

 

Estas xornadas dirixidas a profesionais da saúde, docentes e estudantes de carreiras afíns á temática leváronse a cabo en modalidade presencial, desde a Universidade Arturo Prat de Chile, e en modalidade online.