O pasado 12 de xuño a coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez Rubines foi invitada a participar na II Webinar da Rede Iberoamericana de Psicoloxía de Emerxencias (RIPE) sobre a Intervención Psicolóxica en Crises en Contextos Educativos, que contou coa participación de profesionais da Psicoloxía de emerxencias de diversos países de Iberoamérica.
Nesta ocasión Ana Mª Núñez Rubines participou coa exposición dun caso práctico sobre a Intervención Psicolóxica por morte súbita nun centro educativo.
Esta webinar pódese visualizar a través do seguinte enlace: