Participación no III Simposio Online de Intervención en Emerxencias e Catástrofes: «A xestión emocional despois dunha emerxencia ou catástrofe» da Universidade Internacional de Valencia

O 29 de maio a Universidade Internacional de Valencia  celebrou o III Simposio Online de Intervención en Emerxencias e Catástrofes que este ano se centrou na xestión emocional despois dunha emerxencia ou catástrofe.

A organización invitou á coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez Rubines a participar nunha mesa redonda coa ponencia «A Saúde Mental en profesionais de emerxencias» e a impartir o seminario práctico «Sostendo emocións en intervenientes trala emerxencia».

Pódese consultar o cartel do Simposio no seguinte enlace:

III Simposio Online de Intervención en Emergencias y Catástrofes: «La gestión emocional después de una emergencia o catástrofe»