O 12 de novembro o Grupo de Apoio a Intervinientes (GAI) do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) impartiu unha xornada sobre ferramentas alineadas cos valores de intervención do GIPCE que resultan de utilidade para o desempeño da nosa labor coma profesionais das emerxencias.
Lorena Nieto, Hafdallah Menni e Mª Carmen González, integrantes do GAI, expuxeron durante esta xornada a importancia do saber estar, saber acompañar, saber soster só desde a nosa presenza e saber valorar.