O 13 de xuño Elsa Rodríguez Viña, membro do grupo de intervención GI-112 e do grupo de formación do GIPCE, impartiu o curso de Comunicación de Malas Novas organizado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)no salón de actos da Consellería de Sanidade de Santiago de Compostela.
Esta formación de 4 horas de duración estaba dirixida a persoal do 061 con intervención en urxencias, médicos forenses e persoal de emerxencias (bombeiros, policía, Garda Civil) cos obxectivos de, por unha banda, que os asistentes coñecesen as particularidades da comunicación de malas novas en emerxencias e situacións críticas e como inflúen no proceso de dó dos afectados e, por outra banda, que adquirisen as habilidades básicas para a comunicación de malas novas.