Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings"

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings", que se celebrou o pasado sábado 12 de novembro e tivo lugar na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Os obxectivos da mesma foron coñecer e contemplar os principais compoñentes da intervención psicolóxica en IMV: Intervención psicolóxica avanzada IPA, e coñecer e incorporar unha aproximación estratéxica en IMV.

Momento da xornada
Asistentes á xornada