Xuntanza Xefas de Garda do GIPCE

O sábado 5 de febreiro de 2022, celebrouse a xuntanza anual das xefas de garda do GIPCE, que grazas ao seu traballo garanten a atención das emerxencias as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Nesta reunión revisouse a nova documentación, abordáronse as dificultades xurdidas nas intervencións do 2021 e recordáronse as boas prácticas durante a coordinación das intervencións.