Presentación EMDR

O 23 de abril celebrouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha presentación EMDR.

A terapia EMDR é unha abordaxe con ampla evidencia empírica no tratamento do trastorno por estres postraumático. Nos últimos anos a súa aplicación estendeuse a un amplo abano de patoloxías, entendendo estas como consecuencia da acumulación de experiencias vitais adversas. Presentarase o modelo teórico no que se fundamenta o seu mecanismo de acción, expoñendo a través de diversos casos clínicos as posibilidades desta ferramenta terapéutica.

A presentación foi a cargo de Anabel González, Psiquiatra e Psicoterapeuta. Clínico e supervisor en terapia EMDR e Vicepresidenta da Asociación EMDR España. Coordina o programa de trauma e disociación no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, no que traballa con EMDR en casos de trauma complexo. Publicou diversos artigos e libros sobre trastornos disociativos e tratamento con EMDR en diversas patoloxías.

Momento da presentación
Anabel González
Momento da presentación
Asistentes á presentación