Obradoiro "Aproximación ao audiovisual como ferramenta na intervención psicolóxica"

O sábado 13 de xuño, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou o obradoiro "Aproximación ao audiovisual como ferramenta na intervención psicolóxica" na sede do COPG. Foi impartida por Ana Seijo Cuba, Psicóloga, DEA en Psicoloxía Social; e por Sabela Pernas Soto, realizadora e docente audiovisual.

O obradoiro tiña como finalidade das a coñecer a metodoloxía de VideodinamizArte, que emprega a creación audiovisual como ferramenta de intervención psicolóxica. A democratización tecnolóxica fai accesible este medio a diversos colectivos, que poden participar como axentes activos e creadores, reflectindo a súa realidade social e persoal. Esta ferramenta resulta atractiva para a mocidade (nativos dixitais) e tamén, dende o noso método, achegámola a diferentes xeracións e colectivos, contribuíndo a rachar a fenda dixital. A metodoloxía proposta tomo como premisa que a medida en que miramos e encadramos a nossa realidade, mirámnos e encadrámonos a nós mesmos.

momento do obradoiro
asistentes ao obradoiro
asistentes ao obradoiro
momento do obradoiro
asistentes ao obradoiro
momento do obradoiro
asistentes ao obradoiro
asistentes ao obradoiro