Curso "Alteracións Condutuais e Emocionais con Persoas con Dano Cerebral Adquirido. Avaliación e Programas de Intervención Neuropsicolóxica".

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, celebrou os días 19 e 20 de febreiro de 2016, o Curso "Alteracións Condutuais e Emocionais con Persoas con Dano Cerebral Adquirido. Avaliación e Programas de Intervención Neuropsicolóxica".

Foi impartido por Sandra Ruibal Álvarez, doutora en psicoloxía, neuropsicóloga clínica na Unidade de Dano Cerebral do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo.

O curso tivo unha orientación clínica, polo que se fixo énfase nos aspectos prácticos e na exposición e debate de casos. Incentivouse o debate a partir dos casos clínicos.

Momento do curso
Momento do curso
Asistentes ao curso