A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso “Avaliación e intervención en conduta suicida”, na Facultade de Psicoloxía de Santiago da Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo da formación foi xerar un espazo de comunicación e información rigorosa sobre a conduta suicida, compartir iniciativas preventivas que se levan a cabo na Comunidade de Autónoma de Galicia, axudar e identificar cales son as sinais de alerta e propor distintas habilidades de intervención durante a crise suicida e de acompañamento na postvención.