A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso “Mellorando os resultados en psicoterapia: Principios terapéuticos baseados na evidencia”, e que se celebrou no Salón de Actos do COPG os días 20 e 21 de setembro de 2019.
O obxectivo da formación foi mellorar os resultados dos tratamentos psicolóxicos reducindo a porcentaxe de abandonos, de caos que se deterioran e de casos que non progresan e aumentando as taxas de efectividade e eficiencia.