Curso Rehabilitación Neuropsicolóxica co Programa Rehacop

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Sociedade Galega de Neuropsicoloxía, organizaron o curso Rehabilitación Neuropsicolóxica co Programa Rehacop, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.

O curso foi impartido por Natalia Ojeda del Pozo. Doutora en Psicoloxía e profesora catedrática de neuropsicoloxía na Universidade de Deusto en España.

O obxectivo do curso foi coñecer os principios da rehabilitación neuropsicolóxica, os seus modelos e principios de funcionamento. Revisar os dominios cognitivos principais e os déficits cognitivos máis comúns en cada un deles. Coñecer e aprender a manexar o programa Rehacop de rehabilitación cognitiva e adquirir o coñecemento necesario para a posta en marcha dunha intervención real con pacientes utilizando o Rehacop.

Momento do curso
Momento do curso
Asistentes ao curso
Asistentes ao curso