XVIII Xornadas de Psicoloxía de Galicia "A Ausencia: Clínica do rural mariñeiro galego"

O pasado 15 e 16 de novembro de 2013 celebrouse no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, Ares (A Coruña), as XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica que organiza a Sección de Psicoloxía Clínica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).

Baixo o lema “A ausencia: Clínica do rural mariñeiro galego” supuxeron unha oportunidade para revisar as demandas asistenciais propias do contorno rural e mariñeiro galego. Con esta finalidade, tratáronse aspectos esenciais do modo de vida e de traballo que teñen influencia na maneira particular de experimentar e expresar os problemas de saúde nese contexto: a perda, o suicidio, os ausentes, a estrutura e relacións, o baleiro e a crise, cun obxectivo fundamental de facer un achegamento á problemática psicolóxica desde unha perspectiva comunitaria

Acto inaugural das Xornadas
Momento da Mesa O: Cando Angrois se situou no mapa
Momento da Mesa 1: A perda
Asistentes á Xornada
Asistentes á Xornada
Momento da Conferencia inaugural: Proceso e loito por suicidio
Momento da Mesa 2: Sobre os ausentes
Exposición das comunicacións libres
Momento da Mesa 4: Ante o baleiro
Conferencia de clausura