AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

XXII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde: “Mal de Moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés dende o comunitario”

Os pasados días 16, 17 e 18 de novembro de 2017, celebráronse en Betanzos (A Coruña), as XXII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés dende o comunitario”. O obxectivo destas xornadas foi xuntar ao maior número posible de profesionais da saúde, invitando a reflexionar sobre como ven afectando o momento cultural, político, económico e social que atravesamos á saúde mental das persoas. 

A temática proposta para as xornadas deste ano foi o estrés. O estrés defínese como a resposta de un corpo a algún tipo de demanda, por iso non entendemos o mesmo sen ter en conta o contexto no que nos vemos inmersos, isto é, as demandas ás que estamos expostos nestes tempos que vivimos. 

 

XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
Visita guíada polo pobo de Betanzos
Visita guíada polo pobo de Betanzos
Acto inaugural
Acto inaugural
Acto inaugural
Acto inaugural
Acto inaugural
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
Cea das XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
XXII Xornadas de Psicoloxía e Saúde
Acto de clausura