XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde: “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”

Os días 23 e 24 de novembro de 2018, celebráronse no Carballiño (Ourense), as XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”. O obxectivo destas xornadas foi xuntar ao maior número posible de profesionais da saúde e fomentar o intercambio de coñecementos e experiencia clínica respecto ó uso das Novas Tecnoloxías no ámbito da Psicoloxía Sanitaria e Clínica. 

A temática proposta para as xornadas deste ano foron as novas tecnoloxías, como unha forma de aplicación na psicoterapia online, no emprego das redes sociais, na contornas de realidade virtual, entre outros aspectos,  o que está gañando terreo no cotiá da profesión, polo que, sen dúbida neste ámbito, a necesidade de actualización constante é clara.

Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas
Momento das Xornadas