AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Obradoiro: Intervención no acoso escolar

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o Obradoiro: Intervención no acoso escolar, na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, o pasado día 1 de outubro de 2016.

Foi impartido polo psicólogo José Mª Avilés Martínez. Doutor en psicoloxía. Xefe do departamento de orientación do IES Parquesol de Valladolid.

O obxectivo do obradoiro foi facilitar ferramentas e pautas preventivas e de intervención na abordaxe do maltrato entre iguais desde un enfoque práctico.

Momento do obradoiro
Momento do obradoiro