Curso "Avaliación forense de garda e custodia. Análise psicolóxica da idoniedade parental da custodia compartida e das interferencias parentais"

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou o 20 de setembro de 2014 un curso de formación interna dirixido ás socias e sociios da Sección. Baixo o título "Avaliación forense da garda e custodia. Análise psicolóxica da idoniedade parental da custodia compartida e das interferencias parentais", foi impartido por Mª José Catalán Frias, psicóloga forense da Administración de Xustiza, actualmente con destino na Audiencia Provincial de Murcia, con ampla experiencia no campo forense de familia.

Os obxectivos deste curso foron a familiarización coas demandas máis habituais no eido da pericial psicolóxica dentro do dereito de familia, a afondar na problemática derivada da ruptura de parella e a adquisición de ferramentas para levar a cabo unha correcta valoración pericial no eido da familia. Este curso tivo un amplo carácter aplicado a través de casos que a docente analizou coas persoas participantes.

Momento do curso
Asistentes ao curso
Momento do curso
Mª José Catalán Frias
Asistentes ao curso
Asistentes ao curso