II Obradoiro: Elaboración de informes periciais e asistencia á vista

O 8 de marzo de 2014 celebrouse na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o II Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”, organizado pola Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Cun total de 27 asistentes, deuse a coñecer as diferentes fases e metodoloxías a seguir para a elaboración dun informe pericial, aprendeuse a identificar as principais dificultades na elaboración dun informe e a defensa do mesmo no xuízo oral e analizouse os erros máis frecuentes na realización de periciais.

Momento do obradoiro
Momento do obradoiro
Momento do obradoiro