A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o Obradoiro “A Asistencia Psicolóxica Especializada a Vítimas do Delito”, o pasado día 16 de marzo no salón de actos do COPG.
A actividade tivo entre outros obxectivos dar a coñecer a regulación legal desenvolvida en España, onde se recoñece o dereito a asistencia psicolóxica ás vítimas do delito.