Obradoiro "A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal"

O Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou Obradoiro "A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 29 de outubro de 2016.

O obxectivo foi dotar os e as profesionais da psicoloxía asistentes de coñecementos e habilidades básicas para deseñar o proceso de avaliación pericial psicolóxica e a elaboración do informe pericial, en supostos de violencia sobre a muller nas relacións de parella dentro do ámbito penal.

O obradoiro foi impartido por José Manuel Muñoz Vicente, psicólogo forense do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid. Coordinador da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. Docente e titor de prácticas en distintos programas de post-grado dentro da Psicoloxía Xurídica e Forense. Autor de numerosos artigos e publicacións no eido da Psicoloxía Xurídica e Forense.

Momento do obradoiro
Asistentes ao obradoiro
Momento do obradoiro
Asistentes ao obradoiro
Momento do obradoiro