Obradoiro: Intervención con mozos/as delincuentes

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o 3 de maio e o 7 de abril na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o obradoiro “Intervención con mozos/as delincuentes” . O obxectivo foi dotar de coñecementos sobre os factores de risco e protección que poidan asociarse á produción dunha acción delituosa no ámbito dos menores, a defender e expor na sala de Xustiza as circunstancias sociais, familiares e persoais do/a menor infractor/ora, como a intervir en supostos especiais desde o ámbito da psicoloxía legal e forense. Foi impartido por Juan Luis Basanta Dopico, Doutor pola Universidade de Vigo e Psicólogo no Xulgado e Fiscalía de Menores e Ricardo Fandiño Pascual, Psicólogo Clínico e Máster en menores en conflito social.

Momento do obradoiro
Momento do obradoiro