A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou obradoiro “Pais e Nais en Situación de Alto Conflito por Ruptura de Parella: Intervención na Coordinación De Parentalidade”, o pasado día 15 de xuño no salón de actos do COPG. Tivo como obxectivo reflexionar sobre a intervención en Coordinación de Parentalidade como un proceso alternativo de resolución de conflitos (ARC), con proxenitores de alto nivel de conflito por ruptura de parella.