A Sección de Psicoloxía Xurídica en colaboración coa Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o Obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, que se celebrou o día 15 de decembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
A actividade tivo entre outros obxectivos proporcionar unha visión socioxurídica do delito con fins de explotación sexual.