Achegas da Psicoloxía 2013

O 3 de maio de 2013 celebrouse no AC Hotel Vila de Allariz (Ourense) o encontro de todos os colexiados e colexiadas do COPG, acto no que se fixo entrega o Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade”. A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia decidiu outorgar o premio nesta 5ª Edición a José Luis Sampedro Sáez, Escritor, Humanista e Economista, pola súa sensibilidade, o seu compromiso social, as súas reivindicacións de antes e de agora, a súa coherencia e actitude persoal, e polas súas palabras cun enorme poder de visualización e defensa da dignidade humana.

José Luis Sampedro Sáez faleceu na súa residencia en Madrid antes de poder acudir a recoller o galardón outorgado. Desde o Colexio fíxoselle entrega do galardón a súa viúva, Olga Lucas.

Déixanos un inmenso legado, literario, ensaístico e humanístico, as súas aportacións culturais e sociais perviven e son as que engrandecen a súa figura. Desde a nosa institución quixemos expresar o noso recoñecemento pola súa contribución aos valores humanos, tan cuestinados hoxe en día, como a igualdade, a educación ou a xustiza e ensalzar a súa actitude vital como exemplo para a sociedade.

Como en anos anteriores, no acto tamén se efectuou un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial de forma initerrumpida, e tamén deuse a benvida a todos os colexiados e colexiados que se incorporaron, por primeira vez, ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ao longo do ano 2012.

Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013
Achegas 2013