A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o Obradoiro“Perfil e tratamento de agresores sexuais xuvenís”, o pasado sábado 27 de xullo de 2019 no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Este actividade tivo como obxectivo, entre outros, analizar a delincuencia sexual xuvenil como realidade específica, o seu desenvolvemento e as súas características diferenciais, avaliar o risco de agresión sexual en poboación xuvenil, coñecer e abordar as distorsións cognitivas predominantes nos agresores sexuais xuvenis.