Reunión coa Secretaría Xeral de Igualdade

A Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e a Coordinadora do Programa de Atención a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero do COPG, Fátima López Rodríguez, mantiveron unha reunión coa Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a Subdirectora Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste Lázara.

Nesta reunión, que tivo lugar o 20 de febreiro, trataron sobre o Convenio para 2014 que regulará a colaboración que desde  hai máis de 10 anos se vén desenvolvendo entre ambas institucións en materia de violencia de xénero.

Momento da reunión
Momento da reunión
Momento da reunión
Momento da reunión