Sinatura do convenio de atención psicolóxica especializada en violencia de xénero

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, asinaron o 28 de abril, na sede colexial, un convenio para a atención psicolóxica especializada en violencia de xénero.

Mediante este convenio permítese o desenvolvemento dos dous programas para abordar de xeito integral esta problemática que tan vixente está na nosa sociedade, Abramos o Círculo, destinado a homes que voluntariamente desexan erradicar a agresividade das súas relacións de parella, e o Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, orientado ás vítimas de violencia.

Traballando sempre cunha perspectiva de xénero, estes programas permiten que en menos de 48 horas calquera persoa que o solicite poida ser atendida gratuitamente por un psicólogo ou psicóloga especializado no seu despacho privado, sen que sexa identificado como unha vítima de violencia de xénero nin como un agresor, dentro da rede de profesionais distribuída por toda a Comunidade Autónoma.

Información sobre os programas:
Abramos o Círculo 
Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero

Momento da sinatura do convenio
Momento da sinatura do convenio
Momento da sinatura do convenio
Momento da sinatura do convenio
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela
De esquerda da dereita: A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada.