Sinatura do convenio de atención psicolóxica especializada en violencia de xénero

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, asinaron o 12 de maio o convenio para a atención psicolóxica especializada en violencia de xénero.

Mediante este convenio permítese o desenvolvemento dos dous programas para abordar de xeito integral esta problemática que tan vixente está na nosa sociedade, Abramos o Círculo, destinado a homes que voluntariamente desexan erradicar a agresividade das súas relacións de parella, e o Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, orientado ás vítimas de violencia.

Traballando sempre cunha perspectiva de xénero, estes programas permiten que en menos de 48 horas calquera persoa que o solicite poida ser atendida gratuitamente por un psicólogo ou psicóloga especializada no seu despacho privado, sen que sexa identificado como unha vítima de violencia de xénero nin como un agresor, dentro da rede de profesionais distribuída por toda a Comunidade Autónoma.

Na súa intervención, a decana fixo especial fincapé na prevención desde as idades máis temperás como ferramenta real para a loita contra a violencia de xénero. 

De esquerda a dereita: María Rosa Álvarez Prada, decana do COPG; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.