TEMPO DA PSICOLOXÍA é unha iniciativa conxunta da Facultade Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e do Colexio Oficial de Psicoloxía que tenta promover a divulgación e a reflexión desta ciencia que promove o benestar e a saúde das persoas e das comunidades.
Nesta primeira edición centrámonos na violencia, que se abordou en catro contextos: o deporte, os centros educativos, o ámbito familiar e a violencia de xénero.
Profesionais da psicoloxía e doutros eidos, representantes de colectivos e responsables políticos participaron nunha serie de palestras deseñadas cunha especial énfase no aspecto comunicativo, co fin de achegarnos a estas cuestións de plena actualidade a través do prisma da Psicoloxía.