AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Servizo de consultas de dilemas éticos

A Comisión de Ética e Deontoloxía comunica que como forma de espallar o código ético da nosa profesión e para facilitar unha mellor comunicación, ponse a disposición dos/as profesionais e estudantes de Psicoloxía a posibilidade de trasladar consultas sobre dilemas éticos non xurídicos ou dúbidas que se presente na práctica da Psicoloxía, tendo en conta que as respostas en ningún caso serán vinculantes e a decisión da mellor opción a levar a cabo será sempre responsabilidade da persoa que realiza a consulta.

As respostas ás consultas non se realizarán de maneira urxente, dado que hanse facer co tempo suficiente para ser realizadas de forma colexiada.