Requisitos para establecer actividade por conta propia

1.     ¿Qué pasos debo facer á hora de exercer a profesión por conta propia?
1º Alta no censo de facenda (modelo 036)
2º Alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos
3º Apertura do centro de traballo na Dirección Provincial de Traballo e a obtención e legalización do libro de visitas. Téñase ou non traballadores.
4º Inscrición no rexistro mercantil (Non é obrigatorio).
5º Licenza de apertura e/ou de obras no Concello.
6º Alta no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
7º Lei e Regulamento de Protección de Datos.
8º Seguro de Responsabilidade Civil.
9º Rexistro Sanitario.
 
 
2.    Dúbidas sobre o Imposto de Actividades Económicas.
 
2.1. ¿Cal é o epígrafe do IAE para os e as profesionais da psicoloxía?
O epígrafe do Imposto de Actividades Económicas é o 776.
 
2.2. ¿Canto hai que pagar polo Imposto de Actividades Económicas?
As persoas físicas están exentas do pago deste imposto. As sociedades (Comunidades de bens, etc.) atópanse exentas sempre e cando o seu importe da cifra de negocios sexa inferior a 1.000.000€.
 
3.    Dúbidas sobre o Imposto do Valor Engadido (IVE) e a facturación.
 
3.1. ¿Qué servizos prestados por un psicólogo ou psicóloga están exentos de IVE?
As actividades que están exentas son as do exercicio da psicoloxía sanitaria.
 
3.2. No caso de que todas ou algunhas das miñas facturas leven IVE ¿Cales son as miñas obrigas fiscais?
O aplicar o IVE nas facturas implica que trimestralmente se debe ingresar o IVE facturado tendo dereito a deducir o IVE soportado nas facturas de gastos e inversión. O impreso a utilizar trimestralmente é o modelo 303. Anualmente (antes do 31 do mes de xaneiro) débese presentar conxuntamente o modelo 303 do 4º trimestre do ano anterior xunto co resumo anual (modelo 390).
Perante o mes de febreiro de cada ano, deberá presentar unha declaración na que se recollerán as operacións realizadas durante o ano anterior con terceiras persoas que superasen a cantidade de 3.005,06€ (Modelo 347).
 
3.3. ¿Qué tipo de IVE se ten que aplicar dende o 01/09/2012 nos informes periciais?
O Real Decreto Lei 20/2012, que inclúe unha sería de novidades tributarias, modifica o tipo de IVE aplicado aos informes periciais que pasa dun tipo de IVE do 8% ao 21% dende o 01/09/2012
 
3.4. ¿Qué requisitos formais deben cumprir unha factura?
Na factura deberán constar os seguintes datos:
a)       Datos do/a profesional. (Nome e apelidos, domicilio e NIF. No caso de ser unha sociedade serán os datos desta).
b)       Datos da/o cliente. (Nome e apelidos, domicilio e NIF. No caso de ser unha sociedade serán os datos desta)
c)       Data de emisión da factura
d)       Número de factura.
e)       Concepto
f)        Importe antes de impostos (Base impoñible).
g)       No caso do levar IVE, porcentaxe a aplicar e cota. No caso de estar exento deberase indicar a frase “Operación exenta segundo o disposto no artigo 20.un.3 da Lei 37/1992 do IVE”.
h)       No caso de levar IRPF, porcentaxe e cota.
É recomendable que a factura vaia asinada  e selada polo/a profesional.
 
3.5. ¿É obrigatorio emitir factura a todos os clientes?.
Si, é obrigatorio, tanto se o solicitan ou non.
 
4.    Dúbidas sobre o IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).
 
4.1. ¿Estou suxeito ao IRPF?
Sí.
 
4.2. ¿Que sistema de determinación de rendemento do IRPF podo escoller?
O máis común é o sistema de Estimación Directa Simplificada.
Este sistema é un sistema lineal e simplificado de amortización dos bens de inmobilizado material, e no establecemento dunha porcentaxe fixa en concepto de provisións e gastos de difícil xustificación.  Esto é, restando aos Ingresos os Gastos de actividade (o caso de resultado positivo pódese engadir un coeficiente de gastos de difícil xustificación do 5% do beneficio) podendo ser o resultado de Beneficio ou perdida.
 
4.3. ¿Cando se ten que aplicar o IRPF e cal é o porcentaxe a aplicar?
Aplicarase a retención do IRPF en factura no caso de ser emitida a algunha entidade,; isto é que non sexa a un particular (empresas, Concellos, Colexios Profesionais, centros de ensinanza, fundacións, etc.).
Como norma xeral é de aplicar un 15% de retención aínda que se pode aplicar un 7% (este último non é obrigatorio si non é optativo polo profesional) no caso de ser o primeiro ano que se está de alta en facenda e os dous seguintes. 
 
4.4.  ¿Qué gastos me podo deducir?
Todos aqueles que se poida demostrar que son necesarios para exercer a actividade:
-          As cotas colexiais (Só cando a colexiación teña caracter obrigatorio e unicamente na parte que corresponda aos fins esenciais de ditas institucións).
-          Formación.
-          Libros, material de oficina.
-          Alugamentos.
-          Suministros, electricidade, auga, teléfono, conexión a internet (do despacho).
-          Seguro de responsabilidade civil.
-          Cota de autónomos da Seguridade Social.
-          Salarios e custe de Seguridade Social dos empregados.
-          Inversións en activos.
-          Mutua médica do profesional.
-          Etc.
 
4.5. ¿Cales son os pagos a conta do IRPF e cando se realizan?
Os contribuíntes que exercen actividades económicas están obrigados a autoliquidar e ingresar no Tesouro o 20% do rendemento neto do período que vai dende o primeiro día do ano ata o último día do trimestre ao que se refire o pagamento fraccionado.
O modelo tributario a presentar é o 130.
 
4.6.  ¿Cales son os modelos tributarios a presentar?
Os modelos tributarios a presentar son:
Modelo 111 – De caracter trimestral, cando se satisfagan (se paguen) rendementos do traballo, actividades profesionais, de actividades agrícolas, gandeiros e premios.
Modelo 115 – De caracter trimestral, cando se satisfagan rendas ou rendementos procedentes do arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos e se practica a retención.
Modelo 130 – De caracter trimestral, para a realización do pagamento fraccionado no réxime de Estimación Directa.
Modelo 100 – Declaración anual do imposto do IRPF. No período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de xuño de cada ano o profesional (ou a unidade familiar na que se atope integrado) deberá presentar a autoliquidación anual do IRPF na súa modalidade de declaración Ordinaria, calquera que fose o seu volume de ingresos durante o ano anterior. Se ademais, superou os mínimos exentos establecidos ao respecto, deberá presentar conxuntamente coa declaración do IRPF a súa declaración individual do Imposto sobre o Patrimonio (Modelo 714).
Modelo 180 – De caracter anual, resumo de retencións procedentes do arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos.
Modelo 190 – De caracter anual, resumo anual de retencións e ingresos a conta.
 
4.7. ¿Qué libros rexistros son obrigatorios?.
Os libros rexistro que obrigatoriamente teñen que levar os e as profesionais, a fin de reflectir, neles os datos precisos para o cálculo do IRPF (e do IVE, se fose o caso) son:
- Libro rexistro de ingresos.
- Libro rexistro de compras e gastos.
- Libro rexistro de bens de inversión.
- Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos.
Tamén podemos optar por levar estes libros por medios informáticos.
 
5.    Alta no Rexistro Especial de Autónomos.
5.1. ¿É obrigatorio?
Sí, a alta fiscal como psicólogo por conta propia leva consigo a obriga de cursar a alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social. A dita alta formalizarase nas dependencias da Seguridade Social dentro do prazo dos 30 días seguintes á data de alta en facenda.
Convén sinalar nesta materia a problemática que xorde sobre a obrigatoriedade da alta: a normativa establece que sempre que a devandita actividade se realiza de maneira habitual será obrigatorio a alta en autónomos. O requisito que ten que examinarse é a habitualidade, pero esta trátase dun concepto xurídico indeterminado, e é aquí onde xorde a problemática. Sen embargo, poderíase precisar que sempre que se dispoña dun establecemento aberto ao público ou existan indicios que proben esta habitualidade sería obrigatorio, en todo caso, sempre que os ingresos que xere a actividade sexan superiores ao salario mínimo interprofesional a habitualidade quedaría probada.
 
5.2. ¿Cales son as cotas  a aboar?
A base de cotización é escollida polo cotízante  entre unha base mínima de 893,10€ mensuais e unha base máxima de 3642,00€ mensuais. Si se optase pola base mínima mensual  a cantidade a pagar sería de 266,15€ ou de 236,67€ mensuais, segundo se desexe ou non cubrir as continxencias de Incapacidade Temporal.

Existen bonificacións nas cotas de cotización independentemente da idade do cotizante sempre e cando sexa unha alta inicial ou non se estivera nos últimos 5 anos inmediatamente anteriores a contar da data de efectos de alta no Réxime Especial de Traballadores Por Conta Propia durante 18 meses. Ademais se es menor de 30 anos, no caso dos homes, ou de 35, no caso das mulleres, aplicase unha reducción durante os 30 meses seguintes a data de alta.

 
6.    Dúbidas sobre o Seguro de Responsabilidade Civil
6.1. ¿Ë obrigatorio?
Para o exercicio da profesión tamén é obrigatorio contar con un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros no exercicio da profesión.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia mantén un acordo de colaboración coa aseguradora Zurich, a través de Broker’s 88 nesta materia.
 
7.    Dúbidas sobre a Lei de Protección de Datos.
7.1. ¿É obrigatorio?
Todos os profesionais están afectados e moi especialmente os psicólogos e psicólogas sanitarias ao dispor de datos referentes á saúde.
Deberás solicitar información e asesoramento a profesionais especializados. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia mantén un acordo de colaboración con unha empresa nesta materia.
 
8.    Autorización da Comunidade Autónoma para a apertura de Centros Sanitarios ou consultas.
Todas as colexiadas e colexiados con consultas propias dedicadas á área da Psicoloxía Sanitaria teñen  a obriga de inscribir as súas consultas no Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Así mesmo, os psicólogos e psicólogas que traballan en centros sanitarios teñen a obriga de inscribirse como acreditados para o exercicio de actividades sanitarias no Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, de acordo ao regulado na disposición adicional sexta da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.
Premendo no enlace que segue, accédese ao apartado da web da Xunta de Galicia onde se especifican os requisitos para o rexistro: Procedemento SA101K Autorización de funcionamento/renovación/modificación de centros, servizos e establecementos sanitarios
Para dita inscrición no Rexistro de Centros Sanitarios, os colexiados e colexiadas que non estean en posesión do Titulo de Especialista en Psicoloxía Clínica, deberán aportar unha acreditación colexial de cumprir algún dos requisitos que establece a Lei 5/2011 (itinerario curricular na licenciatura OU formación de posgrao): A acreditación para o exercicio de actividades sanitarias expídea o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia previa presentación por parte dos colexiados de fotocopia compulsada da documentación xustificativa de cumprir os requisitos citados no parágrafo anterior.