A perspectiva de xénero protagoniza a vindeira formación das/os terapeutas dos programas de atención psicolóxica en violencia machista

Mañá venres 11 e o sábado 12 de maio, os máis de cen psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha formación na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) . Neste curso abordarse a perspectiva de xénero ao longo da intervención psicoterapéutica

Nesta xornada formativa contarase con Áurea Losada Quintairos, Manuel Lopo Lago e María Piensos Linares. As persoas responsables de impartir este curso son profesionais especialistas en psicoloxía clínica, terapeutas familiares e supervisores docentes pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar.