O Defensor do Pobo recomenda ao Goberno e as CC.AA incrementar a asistencia psicolóxica

O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, pediu que se aborde a situación o antes posible no seno do Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud (CISNS). Considera "urxente"  que o Goberno e comunidades autónomas estuden cómo incrementar o servizo de atención psicolóxica que ofrece o Sistema Nacional de Salud (SNS) tras constatar que a ratio de psicólogos e psicólogas por habitante apenas variou na última década.