Participación do GIPCE nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa

Nos 25 anos de historia do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realizáronse máis de 40 intervencións en centros educativos, por iso quixemos compartir a nosa experiencia participando nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa "Psicoloxía Educativa, sempre emocionando" que se celebraron na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 30 de setembro e 1 de outubro.

O GIPCE presentou un taller sobre o Protocolo de Intervención en Centros Educativos, que foi impartido por Olegaria Mosqueda Bueno e Concepción López Martín, ambras psicólogas do GIPCE-112.

Ademáis presentáronse dúas comunicacións escritas en formato póster:

 - "25 anos de intervencións do GIPCE en centros educativos". Presentado por Concepción López Martín, Julita Touriño Araújo e Ana Mª Núñez Rubines.

- "Impacto do suicido dun/ha menor sobre a comunidade educativa". Presentado por Mª Carmen González Hermo e Ana Mª Núñez Rubines

I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa
I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa