Premios e Becas externas ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Premio Luisa Villala 2025 a proxectos pola igualdade

O 29 de agosto publicouse no BOP da Coruña nº 164 a convocatoria do premio Luísa Villalta 2025 a proxectos pola igualdade. Ten como obxectivo promover a igualdade de xénero, combater a violencia machista e defender a diversidade sexual mediante o impulso de proxectos de impacto social que poñan en valor e fagan visible o papel das mulleres nos distintos ámbitos da sociedade - histórico, económico, laboral, deportivo, cultural, social, científico, educativo, tecnolóxico, político, sanitario e de coidados, audiovisula, rural e comunitario - desde unha perspectiva intersecional.

Establécense dúas modalidades de participación:

- Modalidade A: Proxectos sociais pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia machista e a diversidade sexual. Premiaranse iniciativas e proxectos de transformación social desenvolvidas a través de accións de sensibilización, prevención, formación, intervención comunitaria e/ou investigación.

- Modalidade B: Proxectos culturais pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia mahcista e adiversidade sexual. Premiaranse proxectos de transformación social cuxo enfoque se basee nas expresións artísticas, promovendo narrativas igualitarias desde ámbitos culturais, como a literatura, o teatro, a música, a arte urbana, o cinema, as artes visuais, entre outros.

Poderán presentarse á convocatoria todos os proxectos orixinais e de autoría propia que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2026, data na que deberán estar rematados.

Bases 


VIII Edición do Certamen de Relato Breve "Dale un giro a
tu vida"

O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou a VIII Edición do Certame de Relato Breve "Dale un giro a tu vida". A temática desta edición poderá referirse a calquera aspecto da conduta e as relacións humanas en toda a súa diversidade.

Poderán optar ao concurso todas as psicólogas e psicólogos colexiados nalgún Colexio da Psicoloxía de España.

As bases do concurso pódense consultar aquí.

 

Trixésima Terceira Edición do Premio de Psicoloxía “Rafael Burgaleta”

O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou este premio que ten por obxeto a presentación de traballos de investigación que aborden desafíos e presenten resultados da aplicación da psicoloxía en diferentes áreas.

Os temas serán libres, valorándose especialmente aqueles que aborden áreas aplicadas da Psicoloxía. Tamén se poderán presentar traballos de áreas de Psicoloxía básica (procesos cognitivos, neurociencia…) onde se resalten as potenciais aplicacións dos resultados.

Bases

44ª edición do Premio de Periodismo e Comunicación

Desde o Colexio Oficial de la Psicología de Madrid, convocou á 44ª Edición do Premio de Periodismo e Comunicación co obxetivo de recoñecer aqueles traballos que contribuiron a mostrar en 2025 de forma significativa á sociedade, a importancia da intervención psicolóxica, a súa importante función social e os seus beneficios.

Poden concurrir profesionais da Psicoloxía colexiados/as en España.

A presentación de candidaturas está aberta ata o 28 de febreiro de 2026.

Nesta ligazón poden consultar as bases da edición.

Agradezo que transmitan ás persoas colexiadas no seu colexio profesional, de esta iniciativa que recoñece a importancia de visibilizar e divulgar a Psicoloxía.