O 19 de maio tivo lugar en Madrid, na sede do Consejo General de la Psicología de España, unha xornada técnica dirixida aos e ás responsables da coordinación dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España.
Durante a xornada expuxéronse catro situacións de emerxencia nas que os grupos de emerxencias dos COP foron activados. Desde Galicia participamos nesta xornada facendo unha exposición da intervención realizada desde o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) tralo naufraxio do barco pesqueiro Villa de Pitanxo en febreiro de 2022.