Unpublished
16/1/2024
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Prevención das condutas suicidas na infancia e adolescencia”, que se celebrará o día 17 de febreiro de 2024 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivo conceptualizar e explicar as condutas suicidas na infancia-adolescencia e coñecer as medidas de prevención do suicidio con maior respaldo empírico.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 7 de febreiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.