Participación do GIPCE nas III Xornadas de Saúde Mental Policial SAUDEPOL

O 30 de abril a membro do GIPCE Ermitas Acevedo Rego participou cun relatorio sobre Comunicación de Malas Noticias nas III XORNADAS de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizadas polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia.

Ás XORNADAS asistiron 140 profesionais que puideron seguir o contido de xeito presencial dende a Comisaría de Ourense e en liña. Ademais da participación do GIPCE falando da comunicación de malas noticias, interviron outros expertos abordando a prevención do suicidio na rede de Saúde Mental e a prevención de riscos laborais na Policía Nacional.