O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia afirma que as longas esperas na área da saúde mental, dificultan un tratamento psicolóxico eficaz

José Berdullas Barreiro, vogal da Xunta de Goberno do COPG e coordinador ca Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio, estivo na COPE falando sobre a ineficacia dos tratamentos psicolóxicos cando os tempos de espera son de meses entre unha cita e outra. Indica que as consultas deben ser semanais, ou polo menos quincenais, e agora mesmo, poden verse esperas de ata 8 meses en cidades como Lugo.