Informámosche que a próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrarase online o martes 17 de febreiro de 9:30 a 11:30 horas.
Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 12 de febreiro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.
Adiantámosche neste e-mail as datas das seguintes sesións de 2026 que se celebrarán todas online en horario de 9:30 a 11:30 horas:
10 de marzo, 14 de abril, 26 de maio, 16 de xuño, 14 de xullo, 15 de setembro, 20 de outubro, 17 de novembro e 15 de decembro.
As persoas colexiadas noutros COPs é necesario que remitan un certificado de colexiación con data actual.

