Xuntanza Xefas de Garda do GIPCE

O 1 de marzo tivo lugar a xuntanza anual de xefas de garda do GIPCE. O grupo de xefas de garda está formado por 15 integrantes veteranas do grupo de intervención GI-112 con ampla formación e experiencia que se fan cargo de recibir as chamadas do 112 e de xestionar os dispositivos ante as emerxencias. Grazas a elas podemos dar cobertura as 24 horas dos 365 días do ano ás emerxencias para as que somos demandados dende o 112.

Nesta ocasión realizouse en formato híbrido (videoconferencia e presencial) para facilitar a asistencia de todas as integrantes do grupo. Durante a reunión fíxose unha revisión das dificultades e das dúbidas que xurdiron durante as alertas, asesoramentos e intervencións do 2024 para valorar as medidas de actuación máis axeitadas. Ademais fíxose unha exposición do traballo realizado polo GIPCE durante o 2024 e actualizáronse tanto os materiais de intervención coma as listaxes.