Dentro do plan formativo anual para os integrantes do GIPCE o 22 de marzo de 2025 realizouse unha xornada técnica para revisar unha situación de intervención complexa do GIPCE. Neste caso a formación centrouse nunha intervención con morte por violencia de xénero acontecida uns anos antes.
Olegaria Mosqueda Bueno e María Isabel Rodríguez Prego foron as encargadas de expoñer o caso e as actuacións realizadas polos intervenientes nesa ocasión a través dunha metodoloxía interactiva e práctica.
Ademais aproveitouse para que María Luz Losada Somoza, coordinadora do Programa de Atención a Vítimas de Violencia de Xénero, explicara o programa e o dispositivo conxunto GIPCE-PAPVVX que se activa cando acontece unha emerxencias deste tipo.