"O impacto e repercusión dunha separación multiplícase nos fillos e fillas"

Dolores Seijo, presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG e profesora na USC, falou na súa entrevista para El Correo Gallego sobre o impacto que ten para os nenos e os adolescentes o divorcio dos seus pais e como debería xestionarse. "Se os proxenitores o xestionan ben, os nenos case non precisan axuda psicolóxica", asegura Dolores Seijo.