Psicólogo/a Sanitario/a para Edukaventuras

11/6/2025

Búscase psicólogo/a sanitario/a autónomo para Edukaventuras en Novo Mesoiro (A Coruña).

Precísase ter o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, coñecementos e experiencia en valoracións e intervencións no trastornos do desarrollo, trastornos da conduta, TDAH, TEA e Altas Capacidades. Formación en terapia cognitiva condutual (non excluínte), e vivir cerca.

As funcións a realizar serán de valoración e intervención con nenos/as e adolescentes con trastornos do neurodesarrollo. Intervención en trastornos da conduta e xestión emocional. Deseño e coordinación de grupos de habilidades socioemocionais. Orientación ás familias.

Para comezar en setembro de 2025.

As persoas interesadas en optar a esta oferta enviar o currículo e carta de presentación a: soleboo@edukaventuras.com