Dende o Consejo General de la Psicología de España están a realizar un estudo sobre a psicoloxía nos servizos sociais nos concellos, e para iso solicítannos a nosa colaboración. Precisan entrevistar a colexiados e colexiadas que estean a exercer na actualidade nos servizos sociais básicos ou outro tipo de programas comunitarios de carácter preventivo.
Se desexas colaborar neste estudo, precisamos que cubras o formulario que figura no seguinte enlace da páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Estes datos serán recompilados na base de datos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e comunicados ao Consejo General de la Psicología de España unicamente coa finalidade deste estudo.
O prazo límite para cumprimentar o formulario é o 10 de xullo de 2025.